skip to Main Content

Somos unha empresa de desenvolvemento de aplicacións de software e prestación de servizos informáticos de valor engadido, especializada no ámbito da xestión empresarial

SOLUCIÓNS Á MEDIDA

Desenvolvemos software 100 % propio

Toda a nosa actividade está baseada nunha clara orientación ao cliente, de xeito que proporcionamos solucións competitivas á medida das súas necesidades particulares, mediante unha total colaboración e compromiso cos seus obxectivos.

ENXEÑARÍA DE SOFTWARE

Referencia no plano nacional

Levamos desde 1992 proporcionando solucións tecnolóxicas competitivas aos nosos clientes por toda España.

PROFESIONAIS CON EXPERIENCIA

Equipo de profesionais con ampla experiencia

Altamente cualificados no deseño, desenvolvemento, implantación e soporte de aplicacións, e sempre actualizados con respecto ás tecnoloxías de vangarda.

Coñece o noso equipo

O noso método de traballo permítenos traballar en plena colaboración cos nosos clientes e adaptarnos ás súas necesidades particulares para acadar os obxectivos marcados

Software estándar

Aplicacións funcionais, fiables, de implantación rápida, de aprendizaxe doada e adaptables ás particularidades de cada cliente

Soporte aos clientes

O departamento de soporte está en contacto cos nosos clientes para prestarlles axuda na solución dos problemas

Aplicacións á medida

O departamento de desenvolvemento está formado por profesionais cunha ampla experiencia na administración empresarial

Os nosos socios e colaboradores
garanten a calidade dos nosos servizos

Nivel IV está acreditada por varios dos principais fabricantes de software, de maneira que cumpre as cualificacións que estes esixen. Iso garante a calidade dos nosos servizos. Especialistas en solucións baseadas en tecnoloxía Microsoft.

Back To Top